Por Xosé Comoxo
Os acontecementos
Cando os traballos para levantar un hórreo en Fincheira estaban
a piques de rematar, despois de dous meses, o Consistorio pídelle o permiso correspondente
ao propietario, Mariano Rodríguez Dios, pai de Castelao. Ao non recibilo, paralizan a obra. O tema é tratado na sesión
ordinaria do 19 de xuño de 1919, e, despois de que o alcalde puxera ao tanto
aos concelleiros sobre a liberdade que se tomara o refrido Mariano Rodríguez de
construír un hórreo “a orilla de la calle
principal de Fincheira sin haber obtenido el oportuno permiso del Ayuntamiento”. Ao respecto, os rexedores dispoñen
o seguinte:
Considerando que o interesado “se ha permitido
construir el expresado granero sin previa licencia del Ayuntamiento”; que o seu emprazamento “se halla a orilla de la calle principal de Fincheira
continuación de la del Hospital por las cuales tiene su tránsito general el
vecindario de la parroquia de Leiro y por cuya vía está proyectado el camino
vecinal recientemente concursado por este Ayuntamiento con subvención del
Estado, cuya proposición fue aceptada”; e que “esta clase de artefactos
situados a la par de los caminos públicos resultan de un pésimo efecto al
ornato público, además interrumpe la alineación general de construcción de
edificios habitables”. Acordan “que se proceda a la demolición del
repetido granero, imponiendo a Don Mariano Rodríguez Dios la multa de quince
pesetas y facultando al alcalde para dictar las providencias que estime
oportunas hasta la ejecución de este acuerdo, el cual será notificado al
interesado”.
O 7 de agosto, os concelleiros danse por informados do comunicado do
gobernador civil, asinado o día 1, no que confirma “en todas sus partes, después de oído el informe de la
Excma. Comisión Provincial, el acuerdo adoptado por el Ayuntamiento en sesión
de 19 de junio último referente al derribo de un granero construido sin
autorización por Don Mariano Rodríguez Dios y la multa de quince pesetas que le
ha sido impuesta”. En consecuencia, e de acordo co artigo 195 da Lei Municipal, dispón o seu
derribo, concedendo amplas facultades ao alcalde para ditar as providencias
necesarias e facer uso da súa autoridade “en
representación del Ayuntamiento hasta llevar a cabo dicho derribo y hacer
efectiva la corrección impuesta”.
Chegado o intre da súa demolición, unha parella da Garda
civil, o alcalde de Barrio e uns canteiros de Asados emprenden o camiño cara ao
lugar para intentar botalo a baixo, atopando a inmediata oposición do propietario.
Ao mesmo tempo, e ante o acontecemento, unha parte do pobo foise xuntando nas
inmediacións coas intencións claras de interferir nos traballos de derribo (sen
dúbida porque non esqueceran a axuda prestada por parte de Castelao, médico de
profesión, durante a gripe pasada). Lográrono a base de berros e algunha que
outra pedrada “escapada de manos de
alguno que ya hervía por entrar en baile”. O espectáculo foi cualificado de “cómico lírico
y algo espeluznante, con vistas a lo trágico que pudo traer un resultado muy
serio y un día de luto para Rianjo”. Sen dúbida, como explicaremos, o papel do
cirurxián Don Ángel Baltar contribuíu a que os acontecementos non revestiran máis
gravidade.
Para o correspondente do xornal Galicia Nueva, o
pai de Castelao debía saber, “porque ya
fue alcalde, que no se puede obrar con vistas a la calle sin permiso y la
alcaldía debe saber también que ella no es nadie para entrar en casa ajena
contra la voluntad del dueño”. O principio de autoridade non fora respectado, e o
hórreo “debe venir al suelo aunque
después vuelva a levantarse en el mismo sitio”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario